Mostrando entradas con la etiqueta MAZARICOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAZARICOS. Mostrar todas las entradas

sábado, 29 de noviembre de 2014

Empeza unha fin de semana repleta de actividade no municipio de Mazaricos

O concello de Mazaricos acolle esta fin de semana a VI Xornada Técnica do Sector Lácteo, a VIII Poxa de Xovencas de Raza Frixona e a II Feira do Comercio.

A VI Xornada Técnica do Sector Lácteo arrancará hoxe  ás 10.20 horas no Centro Sociocultural, xuvenil e da Terceira Idade de Mazaricos. Á mesma asistirán persoalidades como Rosa Quintana Carballo, Conselleira do Medio Rural; Patricia Ulloa, Directora Xeral de Producción Agropecuaria; ou José Luis Antuña, Director Xeral de Feiraco.

A VIII Poxa de Xovencas de Raza Frisona celebrarase maxñá a partir das 11.00 horas no Polideportivo Municipal de A Picota; aínda que hoxe de 10.00 a 14.00 horas xa entrarán os animais no recinto anexo ao Polideportivo e pola tarde xa serán expostos.

Ademais, tanto hoxe como maña, de 10.00 a 21.00 horas, celébrase no Pavillón Polideportivo de A Picota, a II Feira do Comercio, durante a que haberá sorteos entre os asistentes, como televisións e xamóns.

Para máis información, visitar a seguinte páxina:

viernes, 28 de noviembre de 2014

Mazaricos celebra o seu I Certame de Fotografía

O I Certame de Fotografía "Concello de Mazaricos" finaliza hoxe o prazo para que os participantes presenten os seus traballos. Este concurso, organizado polo Concello de Mazaricos, ten como obxecto a realización de fotografías que mostren a variedade das paisaxes rurais ou urbanas do municipio. 

O certame está destinado a todas aquelas persoas ás que lles guste a fotografía e consideren que Mazaricos aínda ten moito que mostrar e moito do que presumir. Cada participante pode presentar unha única fotografía, impresa en papel fotográfico de 20 x 25 cm e centradas sobre unha cartolina negra de 30 x 40 cm, que se remitirá dentro dun sobre branco á Casa de Cultura do Concello. Ademáis, deberase incluir a fotocopia do DNI e a folla de inscripción dentro do mesmo.

Dentro das bases, contémplase que serán excluidos todos aqueles traballos froito de fotomontaxes ou retocados dixitalmente, que non sexan obras orixinais ou inéditas, ou que xa premiadas en concursos anteriores. 

As obras participantes estarán expostas na Casa de cultura de Mazaricos dende o día 5 ata o 21 de decembro. Posteriormente, estas obras quedarán en posesión do Concello, podendo utilizalas e reproducilas por calquera medio, sempre citando ao seu autor.

A obra gañadora será valorada pola súa orixinalidade, creatividade e innovación, así como pola localización e os valores estéticos da mesma. Será premiada cun diploma e 200 €. 

miércoles, 6 de abril de 2011

Debate entre os candidatos á alcaldía de Mazaricos

O próximo 22 de maio terá lugar a celebración das eleccións municipais. En Mazaricos preséntanse candidatos polo grupos políticos PP, PSOE, BNG e PIMAZ. 
Nesta nova etapa histórica da Sociedade da Información, é imprescindible un bo coñecemento por parte de tódolos veciños dos programas electorais, así como das actuacións levadas a cabo nos últimos anos en pro de solucionar os problemas do noso municipio. O debate político, tan en auxe nos últimos tempos, é un método eficiente para que os candidatos dean a coñecer os motivos polos que queren formar alcaldía, intercambien opinións e posturas cos restantes candidatos e tódolos veciños podan formular as cuestións que consideren pertinentes. Desta maneira, todos podemos disipar as nosas dudas nunha ou noutra materia de cara as vindeiras eleccións. 
O noso deber como veciños e electores é exisir que se realice o debate ou outra fórmula similar na que entre todos, candidatos e cidadáns, saquemos á luz as medidas e necesidades de Mazaricos.