En anteriores entradas deste blog, expuña a singularidade desta sociedade que pretende modificar a estructura dos seus montes.
Dende o seu nacemento, varios foron os medios que se fixeron eco dos seus logros, publicando así varias noticias centradas na súa actividade. A última saeu á luz onte en La Voz de Galicia: Somoscuns conxúrase para rendibilizar o monte de Outes.
Sen embargo, non era a primeira vez que este medio se centraba na Sociedade de Montes Sostibles de Cuns. O pasado 9 de xullo publicaba Unha nova asociación outiense recuperará dous muíños en Cuns.
En El Correo Gallego tamén publicaron dúas novas sobre este tema: Vecinos de Cuns siguen el ejemplo de las SAT para cuidar los montes e Riqueza y mediación.
Dende eiquí, animar ós impulsores deste proxecto para que a iniciativa vaia a bo porto.
Mostrando entradas con la etiqueta SOMOSCuns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOMOSCuns. Mostrar todas las entradas
miércoles, 10 de septiembre de 2014
martes, 8 de julio de 2014
SOMOS Cuns comeza co proxecto de restauración dos muíños da aldea
![]() |
| De esquerda a dereita, Pepe Romarís, José Dosil, Daniel Prieto, Rodolfo Rodríguez, Paula Cernadas e Ramón Romarís. |
A Xunta de Galicia, a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Outes están a colaborar activamente con este proxecto nado froito da necesidade de buscar unha solución aos problemas que está a vivir o monte de Cuns, así como a aldea en xeral; como son o abandono, os lumes e a baixa rendibilidade.
Aínda que esta aldea conta con tres muíños, todos eles moi deteriorados, só se poderán restaurar dous deles debido a ausencia de documentación do terceiro. O presidente de SOMOS Cuns, Ramón Romarís, lamenta non poder traballar con este terceiro, xa que considera que “cando os outros dous estean restaurados, as deficiencias do terceiro van ser moito máis evidentes”.
A parte do proxecto de SOMOS Cuns que afecta á zona baixa do monte desta aldea consiste en rehabilitar e poñer a funcionar os muíños para que as novas xeracións vexan como se traballaba nos tempos de antes, e o que significaba moer un simple saco de millo. Nun dos muíños instalarán unha miniturbina hidráulica que, xunto con un ou varios paneis solares, podería xerar a potencia necesaria para iluminar os muíños, o río e a meirande parte do camiño con luminarias tipo LED.
lunes, 10 de febrero de 2014
SOMOSCuns presenta o seu proxecto ante a Consellería do Medio Rural e do Mar
Os impulsores de SOMOSCuns (Sociedade de Montes Sostible de Cuns) reuníronse na maña do mércores 5 con representantes da Consellería do Medio Rural e do Mar para presentarlles o seu proxecto e solicitar o seu apoio.
Á xuntanza, celebrada ás 12.00 horas no centro cultural de Cuns, Outes, asistiu Antonio Manuel Aguión Fernández, xefe territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar de A Coruña, e Mª Josefa Fernández Fernández, xefa do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar de A Coruña. Entre os 18 asistentes tamén se atopaba o alcalde de Outes, Carlos Enrique López Crespo, e Xosé Alberte Piñeiro Tubío, xefe do Distrito Forestal IV – Barbanza, alén de tres membros do seu equipo. Os impulsores da iniciativa estiveron apoiados por varios representantes dos veciños.
No transcurso da reunión, Aguión valorou positivamente o traballo realizado e transmitiu o seu apoio a proxectos coma o presente, sostibles e que xeren postos de traballo. Informou tamén de que Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Medio Rural e do Mar, e Tomás Fernández-Couto Juanas, secretario xeral do Medio Rural, están informados do proxecto e moi interesados nel. Pola súa banda, Alberte Piñeiro destacou que esta foi a única iniciativa que partiu dos interesados, pois as restantes coñecidas por el foron impulsadas dende a administración.
Nesta primeira toma de contacto co proxecto, visualizaron o estado actual, as previsións e achegáronse aos problemas fundamentais polos que están atravesando os impulsores para a integración da totalidade das parcelas de monte. Fixeron fincapé na necesidade de realizar un levantamento topográfico para maior tranquilidade dos propietarios e na urxencia de sacar adiante esta iniciativa para previr novos incendios na zona.
Ambas partes acordaron volver a reunirse no presente mes, logo de que este domingo día 9 os impulsores da iniciativa, apoiados en presenza física polo alcalde e o xefe do distrito forestal, se reúnan cos veciños e propietarios para explicar o estado actual da sociedade e os próximos pasos a tomar.
SOMOSCuns
A SOciedade de MOntes Sostibles de Cuns (SOMOSCuns) nace froito da necesidade de buscar unha solución aos problemas que está a vivir o monte de Cuns, así como a aldea en xeral. Estes problemas son basicamente o abandono, os lumes e a baixa rendibilidade. O seu obxectivo é mellorar a calidade de vida dos veciños de Cuns a través da posta en valor da aldea no seu conxunto.
A idade media da aldea envellece moi rapidamente, e a xente vese imposibilitada para exercer traballos duros, e moi pouco rendibles, como o coidado dos montes. Desta forma a cantidade de combustible no monte medra ano tras ano e impide medrar as árbores. Ademais son un foco de incendios ano tras ano. No 2006 este monte viviu un gran incendio no que o lume arrasou o 80% do monte e estivo moi preto de acadar as vivendas.
Entre as súas propostas de actuación, destacan o clareo da zona de monte queimada no ano 2006, que contén na actualidade un rexenerado abundante e vigoroso, para deste xeito reducir a densidade dos pés e do mato e ao mesmo tempo evitar unha posible perda da masa por causa dos incendios.
Posteriormente contemplan a introdución progresiva de animais nalgunha destas zonas xa rozadas, que se alimentarían dos novos brotes, controlando dese xeito o sotobosque. Para levar a cabo este proceso pecharían antes determinadas zonas e dotaríanas dalgún punto de auga para os animais.
Por último, na zona do río prevén levar a cabo unha roza e actuacións de mellora nos pés de castiñeiro existentes, empezando deste xeito a obter unha produción de froito que proporcionaría ingresos a curto prazo; que se verían incrementados máis adiante coa plantación de máis pés e a mellora na calidade do material introducido. Nesta área tamén planean rehabilitar e poñer a funcionar tres muíños existentes, rehabilitar o río e volver a facelo apto para a pesca e crear rutas de sendeirismo, BTT e ecuestres.
A SOFOR
As SOFOR (SOciedades de fomento FORestal) é a figura xurídica creada pola Xunta de Galicia para fomentar e regular as sociedades de propietarios de montes. Son en esencia sociedades limitadas, aínda que cunha serie de requisitos a maiores para poder denominarse SOFOR.
Na SOFOR, os propietarios ceden a xestión das súas leiras de monte durante un tempo limitado, nunca inferior a 25 anos. Neste tempo a sociedade encargase de xestionar eses terreos e repartir os beneficios entre os socios. O propietario segue sendo o dono da leira en todo momento, e pode vendela, ou hipotecala pero non traballar nela.
Dentro do amplo abanico de posibilidades de asociación para a xestión conxunta do monte, SOMOS Cuns considera que esta é a figura que máis se adapta ás súas necesidades. As razóns principais son que a xestión está en mans da Sociedade e non depende da disposición do propietario en cada momento, alén da seguridade xurídica que presenta a figura da S.L e o gran apoio institucional.
| Os asistentes á reunión celebrada na casa da cuyltura de Cuns, Outes |
![]() |
| Celebración da xuntanza durante o momento da exposición do proxecto |
Etiquetas:
SOMOSCuns
Ubicación:
Outes, A Coruña, España
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


