sábado, 29 de noviembre de 2014

Empeza unha fin de semana repleta de actividade no municipio de Mazaricos

O concello de Mazaricos acolle esta fin de semana a VI Xornada Técnica do Sector Lácteo, a VIII Poxa de Xovencas de Raza Frixona e a II Feira do Comercio.

A VI Xornada Técnica do Sector Lácteo arrancará hoxe  ás 10.20 horas no Centro Sociocultural, xuvenil e da Terceira Idade de Mazaricos. Á mesma asistirán persoalidades como Rosa Quintana Carballo, Conselleira do Medio Rural; Patricia Ulloa, Directora Xeral de Producción Agropecuaria; ou José Luis Antuña, Director Xeral de Feiraco.

A VIII Poxa de Xovencas de Raza Frisona celebrarase maxñá a partir das 11.00 horas no Polideportivo Municipal de A Picota; aínda que hoxe de 10.00 a 14.00 horas xa entrarán os animais no recinto anexo ao Polideportivo e pola tarde xa serán expostos.

Ademais, tanto hoxe como maña, de 10.00 a 21.00 horas, celébrase no Pavillón Polideportivo de A Picota, a II Feira do Comercio, durante a que haberá sorteos entre os asistentes, como televisións e xamóns.

Para máis información, visitar a seguinte páxina:

viernes, 28 de noviembre de 2014

Mazaricos celebra o seu I Certame de Fotografía

O I Certame de Fotografía "Concello de Mazaricos" finaliza hoxe o prazo para que os participantes presenten os seus traballos. Este concurso, organizado polo Concello de Mazaricos, ten como obxecto a realización de fotografías que mostren a variedade das paisaxes rurais ou urbanas do municipio. 

O certame está destinado a todas aquelas persoas ás que lles guste a fotografía e consideren que Mazaricos aínda ten moito que mostrar e moito do que presumir. Cada participante pode presentar unha única fotografía, impresa en papel fotográfico de 20 x 25 cm e centradas sobre unha cartolina negra de 30 x 40 cm, que se remitirá dentro dun sobre branco á Casa de Cultura do Concello. Ademáis, deberase incluir a fotocopia do DNI e a folla de inscripción dentro do mesmo.

Dentro das bases, contémplase que serán excluidos todos aqueles traballos froito de fotomontaxes ou retocados dixitalmente, que non sexan obras orixinais ou inéditas, ou que xa premiadas en concursos anteriores. 

As obras participantes estarán expostas na Casa de cultura de Mazaricos dende o día 5 ata o 21 de decembro. Posteriormente, estas obras quedarán en posesión do Concello, podendo utilizalas e reproducilas por calquera medio, sempre citando ao seu autor.

A obra gañadora será valorada pola súa orixinalidade, creatividade e innovación, así como pola localización e os valores estéticos da mesma. Será premiada cun diploma e 200 €. 

miércoles, 12 de noviembre de 2014

A Asociación Cultural de Antes pecha o seu primeiro ano de vida con gran seguimento

O 23 de febreiro deste ano nacía no concello de Mazaricos a Asociación Cultural de Antes, froito do traballo de seis mozos e mozas da parroquia de San Cosme de Antes. A súa finalidade céntrase en construír unha asociación sen ánimo de lucro para organizar as festas patronais da parroquia e promover o desenrolo cultural da mesma. 
No presente ano organizaron as cinco festas que se celebran na localidade, facendo deste xeito que os veciños puidesen gozar dun día de festividade despois de anos de parón nas celebracións. As festas, aínda que unhas máis que outras debido ó día da semán no que se celebraron, contaron con gran asistencia e colaboración por parte dos veciños da localidade e doutras próximas. 

Sen embargo, esta asociación tampouco descoida a actividade cultural, xa que o 3 de outubro puxo en marcha o primeiro curso. Trátase de clases de baile galego e pandeireta para tódolos veciños que queiran asistir. Celébranse tódolos venres de 22.00 a 23.30 horas no pavillón deportivo do CEIP Victor Saenz e teñen un custo de 10 € ao mes para os socios e 12 € ao mes para os non socios. Esta actividade conta actualmente con 24 alumnos. A asociación encargóuse alén de facilitárses aos alumnos a adquisición da pandeireta.


 O día 15 do mesmo mes empezaron as clases de gaita, programadas de 21.30 a 23.00 horas tódolos mércores nas mesmas instalacións. Este curso ten un prezo de 15 € ao mes para os socios e de 20 € ao mes para os non socios. Na actualidade, son 8 os alumnos que están aprendendo a tocar este instrumento, aínda que inicialmente aprenden empregando unha frauta.



Arestora, o equipo directivo da A. C. Antes está a traballar na programación dun taller de palla trenzada, que arrancará no vindeiro mes de xaneiro e que se celebrará os sábados durante dúas horas. Os alumnos aprenderán da man de Maruja, unha veciña do pobo experta nestas labores, a facer sancosmeiros (tradicionalmente arraigados á parroquia), así como cestos e outros obxectos empregando esta materia prima.


A A. C. Antes fai un balance moi positivo deste primeiro ano de andaina, pois xa conta con case 40 socios, todos eles pertencentes ó municipio, como acordan os estatutos da mesma.