viernes, 28 de noviembre de 2014

Mazaricos celebra o seu I Certame de Fotografía

O I Certame de Fotografía "Concello de Mazaricos" finaliza hoxe o prazo para que os participantes presenten os seus traballos. Este concurso, organizado polo Concello de Mazaricos, ten como obxecto a realización de fotografías que mostren a variedade das paisaxes rurais ou urbanas do municipio. 

O certame está destinado a todas aquelas persoas ás que lles guste a fotografía e consideren que Mazaricos aínda ten moito que mostrar e moito do que presumir. Cada participante pode presentar unha única fotografía, impresa en papel fotográfico de 20 x 25 cm e centradas sobre unha cartolina negra de 30 x 40 cm, que se remitirá dentro dun sobre branco á Casa de Cultura do Concello. Ademáis, deberase incluir a fotocopia do DNI e a folla de inscripción dentro do mesmo.

Dentro das bases, contémplase que serán excluidos todos aqueles traballos froito de fotomontaxes ou retocados dixitalmente, que non sexan obras orixinais ou inéditas, ou que xa premiadas en concursos anteriores. 

As obras participantes estarán expostas na Casa de cultura de Mazaricos dende o día 5 ata o 21 de decembro. Posteriormente, estas obras quedarán en posesión do Concello, podendo utilizalas e reproducilas por calquera medio, sempre citando ao seu autor.

A obra gañadora será valorada pola súa orixinalidade, creatividade e innovación, así como pola localización e os valores estéticos da mesma. Será premiada cun diploma e 200 €. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tódolos comentarios serán benvidos. Por favor, enrriquece este blog co teu comentario.