O concello de Mazaricos acolle esta fin de semana a VI Xornada Técnica do Sector Lácteo, a VIII Poxa de Xovencas de Raza Frixona e a II Feira do Comercio.
A VI Xornada Técnica do Sector Lácteo arrancará hoxe ás 10.20 horas no Centro Sociocultural, xuvenil e da Terceira Idade de Mazaricos. Á mesma asistirán persoalidades como Rosa Quintana Carballo, Conselleira do Medio Rural; Patricia Ulloa, Directora Xeral de Producción Agropecuaria; ou José Luis Antuña, Director Xeral de Feiraco.

Ademais, tanto hoxe como maña, de 10.00 a 21.00 horas, celébrase no Pavillón Polideportivo de A Picota, a II Feira do Comercio, durante a que haberá sorteos entre os asistentes, como televisións e xamóns.
Para máis información, visitar a seguinte páxina:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tódolos comentarios serán benvidos. Por favor, enrriquece este blog co teu comentario.