jueves, 3 de noviembre de 2011

A alternativa a unha xestión deficiente

Políticas do PSOE:
✔ En 2010, recortes en gasto social e investimento produtivo por valor de 15.000 millóns de €.
✔ A reforma das pensións, duro golpe ás condicións de vida dos pensionistas galegos.
✔ A pensión media galega -730,70 € mensais-, xa das máis baixas do estado, baixará en 73 € mensuais.
✔ Galiza deixará de percibir en conceito de pensións 455,6 millóns de €/ano.
✔ Regalos fiscais ás rendas altas e grandes empresas: 39.000 millóns de € en 5 anos.
✔ Axudas públicas á banca. 129.000 millóns de € desde que comezou a crise. Os bancos continúan a repartir beneficios e dividendos. En 2010, os bancos españois repartiron en beneficios 6.628 millóns de €.
Resultado desa política:
✔ 5 millóns de parados.
✔ Estancamento económico.
✔ Perda de dereitos sociais (despidos máis baratos, pensións máis baixas).

Políticas do PP:
✔ Desde que goberna o PP en Galiza, recortes salvaxes en sanidade (237 millóns de €), educación (201 millóns de €) e políticas de promoción de emprego (81,6 millóns de €).
✔ Falan de austeridade, pero non a practican: no orzamento para 2012, o gasto burocrático e improdutivo sobe en 25 millóns de €.
✔ Menos investimento produtivo. Para o orzamento 2012, redúcese en 23,3 millóns de €. De cada 10 € do orzamento, Feijóo só adica 79 céntimos a investimento.
✔ Recorte do investimento en políticas industriais. O IGAPE terá en 2012 115 millóns de € menos. Políticas de apoio ao desenvolvemento empresarial: 131 millóns de € menos.
Resultados da xestión do PP:
✔ Lideramos a destrución de emprego no Estado.
✔ Desde abril de 2009 o paro incrementouse no Estado no 24,1%. En Galiza, no 39,2 %. Só nos supera La Rioja e Asturias.
✔ Taxa de paro xuvenil en Galiza: 33,2 %.
✔ Máis da metade dos mozos, 53,5 %, teñen contratos temporais, moitos deles contratos lixo.
✔ Duplicamos a débeda: pasamos de 3.691 a 6.923 millóns de €.
✔ Perdimos o sistema financeiro galego. Perdimos o control sobre 75.773 millóns de € en activos, a xestión dos aforros de perto de 3 millóns de persoas.

Pero hai alternativa: Galega e de esquerdas. A alternativa do BNG
✔ Reforma fiscal que grave as rendas máis altas e que incremente a capacidade de intervención das administracións na loita contra o paro. As propostas do BNG suporían ingresos por valor de 32.000 millóns de €.
✔ Loita contra a fraude fiscal para equiparala á media europea. Incrementaríanse os ingresos en 25.000 millóns de €.
✔ Supresión das deputacións provinciais: liberarían para Galiza recursos por valor de 477 millóns de €.
✔ Banca pública galega. Proposta de adquisión do 51% de NCG por parte da xunta. Para restaurar o fluxo de crédito a particulares e empresas.
✔ Recorte gastos militares.
✔ Retirada das tropas de Afganistán. Aforraríamos un millón de € ó día. O estado leva gastado 2.000 millóns de € en Afganistán (practicamente o orzamento da Consellaría de Sanidade nun ano).
✔ Devolución das axudas públicas á banca para financiar as PEMES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tódolos comentarios serán benvidos. Por favor, enrriquece este blog co teu comentario.