jueves, 3 de noviembre de 2011

XXXIV Carreira pedestre popular de Santiago de Compostela

O pasado domingo 30 de outubro celebrouse en Santiago a XXXIV carreira pedestre popular, que contou con 5736 participantes, dos cales 3443 correron na categoría de adulto un total de 12000 metros.

A saida tivo lugar as 10:00 da Avenida de Xoán XXIII e o gañador, o marroquí Hassan Lekhili, chegou á meta 36:32 minutos despois.
Lekhili chegando á Praza do Obradoiro


Na categoría feminina, a gañadora foi a portuguesa Rafaela Almeida, que fixo o percorrido en 42:24 minutos, chegando dentro da categoría xeral no posto 61.
Rafaela chegando á meta

A nosa atleta favorita, Rocío Alvite Ferreiro, de Mazaricos, e gañadora da última edición da carreira popular do concello de Arteixo, clasificouse como a 24º muller cun tempo de 52:58 minutos.
Rocío Alvite a piques de chegar á meta
Rocío e amigos xa recuperados

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tódolos comentarios serán benvidos. Por favor, enrriquece este blog co teu comentario.