lunes, 7 de noviembre de 2011

Manipulación periodística na prensa escrita

Todos estamos acostumados a ver o distinto tratamento que unha mesma noticia ten nas variadas cabeceiras de prensa. A publicación dunha noticia depende de múltiples factores, como son a importancia da mesma, a proximidade xeográfica, a calidade da cobertura, etc; pero non so depende de factores noticiableis, senon tamén doutros como os económicos ou a ideoloxía do propio medio. 

Tódolos días podemos comparar a mesma noticia en cabeceiras coma El País e El Mundo, por exemplo, e desgraciadamente percatámonos da manipulación periodística a que someten ás noticias para acadar os seus propios fins comerciais. Sen embargo, este fenómeno é máis raro cando se trata dunha mesma cabeceira, pero en edicións diferentes. 

O exemplo que vos amoso a continuación reflicte claramente a manipulación periodística. Refírome ó periódico ABC do día 20 de abril de 1937. España estaba en plena Guerra Civíl e Franco acababa de aprobar o Decreto de Unificación. 

O Decreto de Unificación representa a acumulación do poder político ideolóxico por Franco ós outros poderes por él xa asumidos. Mediante este documento impón a súa propia xefatura ó carlismo e á Falanxe, as organizacións que lle proporcionaron os combatentes voluntarios e a ideoloxía, unificándoas nun partido único; suprime os demáis partidos e organizacións dereitistas e centristas e integra os seus membros neste partido único. Crea o partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, despois denominado o Movemento, que será a organización ideolóxica e política do réxime de Franco. 

O Decreto de Unificación foi  noticia do periódico ABC do día 20 de abril de 1937. Sen embargo, e debido a que o ABC de Madrid permaneceu do lado republicano e o ABC de Sevilla se pasou ó bando nacional, a cobertura da noticia nestas dúas edicións foi moi distinta.

Para comezar, o ABC de Madrid publicou a noticia na páxina 11 da súa edición, dedicándolle so unha cuarta parte da páxina; mentras que a edición de Sevilla dedicoulle as páxinas 3, 4, 5, 678 completas (exceptuando algunha publicidade).
 
O contido da noticia é diferente non so na extensión, senon tambén no contido. O ABC de Sevilla incluie na noticia o discurso radiofónico de Franco que  emiteu Radio Nacional de Salamanca a noite do domingo 18 de abril, o discurso que inmediatamente despois do radiofónico ofreceu ós seus seguidores (congregados nunha manifestación espontánea) no balcón do Cuartel Xeral de Sevilla, e o contido completo do mencionado decreto publicado no BOE o día 20.

A todo isto añade esta edición xuizos de opinión en apoio ó caudillo, como pode ser “...dotes de palabra y de dialéctica adecuadas...”, “...glorioso Capitán de la Cruzada nacional...”, “La multitud...aclama con delirante entusiasmo al Generalísimo”, etc.

Por contra, na edición de Madrid, prescíndese de tódolos discursos e do propio texto do decreto, e para explicar o alcance do mesmo empréganse xuizos de valor e expresións tales como “...acabar con las luchas sangrientas de la retaguardia facciosa entre falangistas y requetés...”, “...ex general traidor...”, “...modalidad monstruosamente política...”, “...unificar a los que se odian a muerte...”, “...tiranía europea...”, “...cauidillaje político para ocultar sus enormes fracasos guerreros...”, “...la república es parlamentaria, democrática y constitucional...”, “...inventa un partido, que nace muerto...”.

Concluindo, ambas edicións ven de diferente forma esta medida. Así, para o ABC de Sevilla o Decreto de Unificación é o medio para lograr a unificación de tódolos esforzos patrióticos para acelerar e facer fecunda a victoria do bando nacional, na súa tarefa de conducir a un pobo ó seu destino imprescriptible; mentres que o ABC de Madrid considera a súa finalidade a de inventar un partido para liquidar de raíz o monarquismo e acabar cas loitas entre falanxistas e requetés en pro da consolidación de Franco no poder.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tódolos comentarios serán benvidos. Por favor, enrriquece este blog co teu comentario.